Thursday 02 de May de 2024

Bo traballo do C.P. Galia no Campionato Rexional


 

Andrea Cendal, do Club Galia, vén de clasificarse en primeira posición na categoría alevín no Campionato Rexional de Patinaxe, o cal tivo lugar en Boiro hai escasos días. Unha proba na que Uxía Bodelo conseguía o ascenso á primeira categoría nacional alevín. Isto dálle pé a poder estar a carón das outras compañeiras clasificadas (Lucía Deus, Antía Calvo e Daniela Iglesias) o próximo 8 de xuño no Campionato Provincial, o cal terá lugar en Caión.

Por outra banda, dentro da categoría de equipos, o grupo cadete do Club Patinaxe Galia alcanzou o sexto posto no Campionato Galego.